Inicio Carballo ao día Hemeroteca Ghazafelhos Teatro volve a Carballo no ciclo En...

DOMINGO 12 DE FEBREIRO ÁS 18.00 HORAS

Ghazafelhos Teatro volve a Carballo no ciclo En Familia dos Venres Culturais con "Nana para un soldado"

Mércores 8 de febreiro do 2012

Centrándose no traballo de monicreques, animación e teatro, Ghazafelhos especialízanse na realización de obras teatrais para público familiar. Porén, na súa andaina como compañía tamén realizan dende contacontos ata mímica e obradoiros de teatro para nenos e adultos. Adoptando ideas como a de Michael Ende en "Momo" de escoitar aos demais, ou de Antoine de Saint-Exupéry de que "o esencial é o invisible aos ollos", a compañía tenta contar historias simples e profundas emulando ao gran Charles Chaplin. Ghazagelhos soña con evocar nas súas historias as grandes xeneralidades que entenderon o máis efímero da vida: a infancia. Dentro do programa dos Venres Culturais tamén hai que mencionar que o xoves 9 de febreiro ás 20.30 horas inaugúrase a exposición "Pinturas ocultas #", do deseñador gráfico e pintor carballés Alberto Gende. Esta mostra, que poderá visitarse no Pazo da Cultura até o 9 de marzo, nace da reflexión do artista sobre o proceso creativo. En vez de amosar as obras tal e como foron concebidas, ocúltaas tras unha capa de pintura blanca. Con esta acción quere poñer de manifesto a importancia que ten para el o proceso creativo sobre o resultado final da obra, a importancia do que non se chega a ver sobre o evidente.

Compartir: