Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Mesa Local de Comercio concédelle o...

BALANCE MODERADAMENTE POSITIVO DO SECTOR NO ANO 2011

A Mesa Local de Comercio concédelle o visto e prace á celebración da IV Feira das Oportunidades

Xoves 9 de febreiro do 2012

Outro dos asuntos tratados durante á xuntanza foi a proposta de manter reunións periódicas da Mesa Local de Comercio, alomenos cada tres meses. O obxectivo sería o de manter informados aos comerciantes sobre temas municipais que poden ter incidencia na súa actividade, como as reformas incluídas no plan de tráfico do concello ou as medidas adoptadas para mellorar a mobilidade. As reunións tamén servirían para informar directamente ao sector das liñas de colaboración que poña en marcha a administración local para impulsar o comercio local. Na xuntanza da Mesa Local de Comercio estiveron presentes o Concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira; a Concelleira de Feiras e Mercados, Milagros Lantes; o Concelleiro do PP José Lado; así como María del Carmen Freire, xerente do CCA (Centro Comercial Aberto); Yolanda Pérez en representación da OCU (Organización de Consumidores e Usuarios); e Víctor Tello, Xefe do servizo provincial do Instituto Galego de Consumo. Os representantes do Goberno municipal acompañaron a Tello nunha visita ao mercado municipal, así como aos postos da feira, xa que quixo coñecer de primeira man as novas instalacións así como observar o desenvolvemento do mercado dos xoves.

Compartir: