Inicio Carballo ao día Hemeroteca As "Pinturas ocultas #" do artista...

NA SALA DA BAIXOCUBERTA DO 3º ANDAR: DE 18.00 A 21.00 HORAS

As "Pinturas ocultas #" do artista carballés Alberto Gende permanecen no Pazo da Cultura até o 9 de marzo

Venres 10 de febreiro do 2012

Gende estivo arroupado durante a inauguración da exposición por numeroso público e familiares, ademais de pola Concelleira de Cultura, Mar Eirís; e polo Alcalde de Carballo Evencio Ferrero. Este último quixo subliñar a vontade da exposición de fomentar "que todos teñamos esa intención de mirar dentro de nós mesmos" e "de ver as cousas boas que transforman o mundo". Especialmente da man dunha "persoa tan querida", que ten colaborado activamente no movemento cultural galego, ademais de que "sen a mirada de Alberto, mesmo todo o movemento cultural de Carballo sería diferente". Ademais, a través do seu Estudo tamén ten colaborado en infinidade de ocasións co departamento municipal de Cultura. Gende quixo así mesmo agradecer especialmente ao Concello a oportunidade que se lle brindou de expoñer o seu traballo, e tamén tivo unha mención destacada para o seu irmán Juan, "unha persoa que me axudou moito". O público poderá desfrutar en horario de 18.00 a 21.00 horas de 24 obras de diferentes formatos elaboradas en técnica mixta sobre lenzo, unhas obras que abren unha porta a aquilo que permanece baixo a superficie. Os interesados e interesadas en saber máis, poden consultar a páxina web do artista nunha ligazón nesta mesma nova.

Compartir: