Inicio Carballo ao día Hemeroteca Un total de doce carrozas xa están...

A CITA É O DOMINGO 19 A PARTIRES DAS 18.00 HORAS

Un total de doce carrozas xa están inscritas no Concurso de disfraces, comparsas e carrozas de Antroido 2012

Sábado 18 de febreiro do 2012

Isi é un polifacético artísta estradense, que saltou á fama tras gañar o programa 'O Rei da Comedia' e grazas ás súas colaboracións en programas da TVG como Supermartes, Luar, Air Galicia, Land Rober e agora Tourilandia, despregará todas as súas habilidade artísticas e humorísticas para facer que tarde do domingo sexa de auténtico antroido. Unha vez rematado o desfile, será o turno do baile de disfraces coa orquestra Los Trovadores na carpa situada na Praza do Concello, unha actividade patrocinada pola Concellaría de Terceira Idade que dirixe Carmen Regueira. O programa do Antroido 2012 continúa o luns 20 con obradoiros para o público máis novo na Ludoteca Municipal de 11.30 a 13.30 horas e o martes 21 ten lugar a Festa e Bailde de disfraces para a Terceira Idade, que estará amenizada polo Dúo Época. Esta festa comeza ás 18.00 horas no Pazo da Cultura. Ademais, este mesmo día celébrase o Enterro da Sardiña para despedir ao Antroido a partires das 21.30 horas. A cita estará animada por un grupo de alumnos/as da Escola Municipal de Teatro de Carballo que dirixe Artur Trillo e pola Charanga os Chinchorros de Ferrol. Neste enterro tamén poderán participar todos aqueles grupos de nenos e nenas e/ou adultos compostos por un mínimo de 4 persoas para acompañar o cortexo fúnebre, que transcorre pola na Praza do Concello, as rúas Coruña e Hórreo, a Praza de Galicia, a Rúa Fomento e o Parque do Anllóns, lugar onde se oficia o enterro propiamente dito.

Para obter máis información sobre o programa do Antroido ao completo, premer aquí.

Compartir: