Inicio Carballo ao día Hemeroteca Un "Mundo Hindú" e unha...

MÁIS DE 500 PERSOAS PARTICIPARON NO DESFILE

Un "Mundo Hindú" e unha "Pandeirada Sideral": gañadores no Concurso de disfraces, comparsas e carrozas de Antroido 2012

Luns 20 de febreiro do 2012

Na categoría de comparsas adultos (con sete participantes), o 1º Premio, de 300€, foi para "Pandeirada Sideral", un grupo no que ademais de astrounautas e marcianos había un transbordador espacial e un galego na lúa. O 2º (150€) foi para "Os colorinchos da Laracha". En comparsas infantil anotáronse oito participantes, e resultaron vencedores (250€) "Os Pequerrechos"; o 2º premio foi para "Firmes" (110€); e o 3º (60€) para "Alta sociedade". En grupos de adultos só se concedeu un premio de 125€ para "Os curandeiros"; mentres que en individual de adultos só se presentou un participante, o "Bufón", que recibiu un premio de 60€. Nos grupos de categoría infantil gañaron o 1º Premio (100€) "The lazy song"; o 2º Premio foi para "Corrida de Jesulín", con 70€. En individual infantil repartíronse cinco premios: 1º (90€) "Puzzle Reina de corazones"; 2º (70€) "Estatua viviente"; 3º (50€) "John Travolta"; 4º (30€) "Lata de sardiña"; e 5º (30€) "Pirata".

Baile de maiores e Enterro da Sardiña

Despois dunha das citas máis importantes do Antroido carballés, a animación continúa coa celebración da Festa e Baile de Disfraces para maiores, que conta coa actuación en vivo do Dúo Época: a cita é no Pazo da Cultura de 18.00 a 21.00 horas o martes de Antroido. E, por último, non hai que esquecer o Enterro da Sardiña, tamén o martes 21 a partires das 21.30 horas. A cita estará animada por un grupo de alumnos/as da Escola Municipal de Teatro de Carballo que dirixe Artur Trillo e pola Charanga os Chinchorros de Ferrol. Neste enterro tamén poderán participar todos aqueles grupos de nenos e nenas e/ou adultos compostos por un mínimo de 4 persoas para acompañar o cortexo fúnebre, que transcorre pola Praza do Concello, as rúas Coruña e Hórreo, a Praza de Galicia, a Rúa Fomento e o Parque do Anllóns, lugar onde se oficia o enterro propiamente dito. Aínda poden inscribirse os grupos, xusto antes do inicio da actividade de 20.00 a 21.00 horas na Casa do Concello.


Os interesados en coñecer máis sobre o programa de Antroido poden premer aquí. Tamén poden verse imaxes dos participantes no Concurso de disfraces en varias ligazóns nesta nova.

Compartir: