Inicio Carballo ao día Hemeroteca Solicitadas nove subvencións á...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Solicitadas nove subvencións á Deputación para desenvolver accións económicas, culturais, deportivas e de servizos sociais

Luns 12 de marzo do 2012

O apartado de subvencións da orde do día tamén serviu para adxudicar unha subvención dentro do marco do programa Carbalo Activa do Concello, unha liña de apoio directo ás empresas como medida operativa para reducir os índices de desemprego locais e comarcais, tedendo pontes cara os pequenos empresarios, autónomos, sociedades laborais, ou cooperativas. Neste caso recibiu luz verde a concesión para unha empresa local de 1.502,55 euros pola contratación de cinco alumnos do Centro Municipal de Formación por un período mínimo de tres meses. No que respecta a outros asuntos da orde do día, a Xunta de Goberno supuxo a aprobación dun proxecto de execución para a construción de tres naves industriais sen uso específico no Parque Empresarial de Bértoa, así como luz verde para a licenza de obra e apertura dun crematorio, tamén no parque empresarial. No que respecta á concesión de licenzas de primeira ocupación e apertura, hai que subliñar a concesión dun permiso para dous edificios, un de 19 vivendas e outro de 32 nas rúas Ecuador e Avenida da Cristina da capital municipal, respectivamente. Por último, douse autorización para un vao permanente na rúa Río Lérez.

Compartir: