Inicio Carballo ao día Hemeroteca O pontevedrés Alberto Pousa Torres...

ENTREGA DE PREMIOS: XOVES 22 DE MARZO

O pontevedrés Alberto Pousa Torres gaña o XIV Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís con "Paseo no río Lérez"

Venres 24 de febreiro do 2012

Respecto do resto do palmarés, é o seguinte:

  • Segundo Premio: dotado con 450 euros e diploma para a fotografía que leva por título "Comercio fluvial" presentada por José Luis Morales Martín, de Madrid.
  • Premio Especial Carballo: dotado con 450 euros e diploma, recaeu na fotografía que leva por título "Chove en Razo" presentada por José López Pérez, de Santiago de Compostela.
  • O xurado tamén decidiu outorgar dous Accésits dotados con 125 euros cada un e diploma ás seguintes obras: á fotografía "Se me olvidó que te olvidé" presentada por Carlos García Barrio, de Barcelona; e á fotografía "A Rúa" presentada por Guillermo Pío Gribeiro Malvido, de Pontevedra.

Hai que lembrar que o o Concello, atendendo á proposta expresada pola Comisión Organizadora da Homenaxe a Xosé Manuel Eirís, integrada por representantes de trinta asociacións culturais de Carballo, acordou en sesión plenaria do 5 de maio de 1997 a creación dun Certame Fotográfico que tería lugar con carácter anual. A denominación de 'Xosé Manuel Eirís' para esta cita provén do recoñecemento que o Concello e as entidades culturais do municipio queren render a unha persoa vinculada ao mundo cultural e artístico de Carballo e de Galicia, preocupada pola recuperación e promoción do noso patrimonio cultural e pola participación da cidadanía neste proceso de desenvolvemento. Esta iniciativa pretende, asemade, perpetuar o recordo do que foi animador cultural do Concello de Carballo a través dunha das súas afeccións, a fotografía. Os interesados e interesadas poden consultar as bases do certame polo miúdo nesta mesma nova.

Compartir: