Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicado en Xunta de Goberno Local o servizo de...

APRAZADO ATÉ O XOVES 1 DE MARZO O PLENO ORDINARIO DE FEBREIRO

Adxudicado en Xunta de Goberno Local o servizo de asesoría xurídica do Centro de Informacion á Muller

Luns 27 de febreiro do 2012

Así mesmo, hai que informar de que está previsto aprazar a celebración do pleno ordinario de febreiro, prevista para hoxe, luns 27 ás 20.30 horas, xa que a causa dun erro informático non se formalizou a convocatoria en tempo e forma. Así, celebrarase en nova convocatoria o xoves 1 de marzo a partires das 20.30 horas. Hai que lembrar que entre os asuntos da orde do día incluídos na sesión está a aprobación dos orzamentos municipais para o exercicio 2012, que ascenden a 20.453.917,27 euros no apartado de ingresos e de 19.978.038,40 euros no de gastos e que incluén o presuposto do Padroado Deportivo Municipal que ascende a 1.125.892,32 euros. A orde do día tamén recolle, entre outros asuntos, o debate sobre a aprobación dos criterios de interpretación sobre o réxime transitorio aplicable no solo clasificado polo planeamento municipal de Carballo. A través desta proposta establécense unhas pautas urbanísticas xerais de aplicación no municipio despois da anulación definitiva do PXOM de 2003 e que terán vixencia ata a aprobación dun novo Plan Xeral. Para obter maís información sobre os asuntos do pleno da corporación, premer aquí.

Compartir: