Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os Venres Culturais volven co teatro de Lagarta,...

VENRES 2 DE MARZO ÁS 21.00 HORAS E DOMINGO 4 ÁS 18.00 HORAS

Os Venres Culturais volven co teatro de Lagarta, Lagarta e o ilusionismo para cativos do Mago Xacobe

Martes 28 de febreiro do 2012

Lagarta, Lagarta é unha empresa de produción teatral nacida en 2001 que xorde da iniciativa de Ernesto Chao e Rosa Álvarez (directora de "Unha hora na vida de Stefan Zweig"), dous actores de longa traxectoria. Na historia da compañía atopamos obras como "Fobias", "As últimas lúas" ou "Aeroplanos", que tamén estiveron no escenario carballés, e incluso no FIOT. Despois da oferta reservada para os adultos, os Venres Culturais ofrecen para os máis cativos e cativas o ilusionimo do Mago Xacobe, que presenta "13 anos de maxia" no marco do ciclo En familia. Ao longo da súa extensa traxectoria, o mago Xacobe Sanz ten conseguido sorprender aos espectadores de toda España en máis de 1.000 actuacións. Facendo gala dun estilo fresco, cómico, desenfadado e participativo, neste espectáculo realiza un percorrido polos seus mellores números de diferentes "especialidades máxicas" e nos que non faltan momentos de impacto. Xacobe Sanz iniciouse no ilusionismo aos 10 anos, aínda que máis tarde vén combinando esta profesión coa de actor e produtor artístico. A cita é o domingo 4 de marzo ás 18.00 horas no Pazo da Cultura. O prezo da entrada é de 2,5 euros (2 € con desconto).

Os interesados e interesadas en obter máis información, poden facelo nesta mesma nova nas páxinas web de Lagarta, Lagarta e do Mago Xacobe.

Compartir: