Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Policía Local de Carballo apresa a unha...

TAMÉN ESTÁ ACUSADO DUN SUPOSTO ATENTADO A UN AXENTE

A Policía Local de Carballo apresa a unha persoa e identifica a outras dúas por un presunto delicto de roubo con violencia

Venres 9 de marzo do 2012

Hai que lembrar que a finais de 2011 celebrouse una xuntanza da Xunta Local de Seguridade na que se fixo balance dos índices de delincuencia, dos accidentes de tráfico ou doutros incidentes, e na que se afondou sobre as medidas máis axeitadas para seguir avanzando na protección dos veciños e veciñas do municipio. Os datos amosaron que no que se refire ao tráfico, así como a índices de delincuencia e de seguridade, os niveis son moi semellantes aos rexistrados en anos anteriores. En todo caso, hai que subliñar que a Policía Local traballa continuamente para evitar a comisión de delictos e para resolver o antes posible aqueles que se poidan producir. Tamén hai que resaltar o continuo traballo de colaboración que realizan tanto a Policía Local como a Garda Civil, que manteñen reunións semanais de coordinación. Así mesmo, as forzas de seguridade están en contacto con outros colectivos, como é o caso dos comerciantes e empresarios. Por último, a Policía Local solicita a colaboración da veciñanza para denunciar e incluso facilitar datos que permitan coller aos culpables de certos roubos e delictos menores e agracede as colaboracións realizadas até o momento.

Compartir: