Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello instala preto de 140 novas anclaxes...

ESTÁ CUBERTO O 85 POR CENTO DO TERRITORIO MUNICIPAL

O Concello instala preto de 140 novas anclaxes para os colectores de lixo na zona costeira do municipio

Venres 3 de febreiro do 2012

Esta medida pode encadrarse dentro das accións do programa Carballo Limpo, unha iniciativa que comprende diversas iniciativas destinadas a conservar o medio ambiente grazas á colaboración da veciñanza do Concello. Dentro deste programa inclúense accións como a recollida selectiva de lixo, o Punto Limpo, o Punto Limpo Móbil ou a campaña Sácalle o Aire de recollida de cartón a pé de porta para os establecementos comerciais da capital municipal. Hai que lembrar que o centro urbano de Carballo dispón dun servizo de recollida selectiva de lixo. Os habitantes do municipio poden contribuír deste xeito á defensa do medio, separando o lixo no seu domicilio. No caso do casco urbano existen colectores específicos para cada tipo de refugallos. Así, os restos orgánicos deben depositarse no colector verde, os bricks e as latas no colector amarelo e o papel e o cartón no azul. O vidro vai aos iglús verdes. Por último, as baterías e os medicamentos son recollidas en diversos establecementos colaboradores e nas farmacias da Vila, respectivamente. Hai que lembrar que os residuos orgánicos só deben depositarse no colector entre as 19.00 e as 22.00 horas, sempre nunha bolsa pechada. Así mesmo, no medio rural numerosos puntos contan con iglús para a recollida de vidro e papel e cartón.

Compartir: