Inicio Carballo ao día Hemeroteca A exposición do "V Premio de Banda...

OS VENRES CULTURAIS PROPOÑEN A MÚSICA DE ROGER DE FLOR

A exposición do "V Premio de Banda deseñada Castelao" reflexiona sobre a guerra con "A man do diaño"

Mércores 7 de marzo do 2012

O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, lembrou as súas primeiras incursións no mundo da banda deseñada co "tebeo", así como a importancia que tivo no seu momento o mundo do cómic na vila, con iniciativas como a "Ameixa cacofónica", na que se plasmaron inquedanzas culturais con nomes como Alberto Varela Ferreiro, Xaime Díaz ou Xabier Graña, "un grupo que non chegou a cuallar" pero que foron protagonistas "dun traballo moi interesante". Así mesmo, o Alcalde quixo felicitar á Deputación por "manter este concurso que leva o nome de Castelao", un persoeiro "moi ligado á arte plástica" e que soubo "pulsar a sensibilidade dos galegos e galegas". O Deputado Perfecto Vázquez quixo subliñar que dende o organismo provincial están convencidos de que "estas exposición son a forma axeitada de achegar a arte a toda a provincia", e agradeceu a "sempre necesaria coordinación con concellos como o de Carballo". A Deputación convoca o "Premio da Banda Deseñada Castelao" tendo en conta, tanto por número como por calidade, o grupo de novos autores de historieta que teñen xurdido nos últimos anos en Galicia, e que compoñen un destacado colectivo entre os máis importantes do panorama nacional.

Roger de Flor & Silvestres: venres 9 de marzo

Ademais das exposicións, hai que lembrar que a oferta dos Venres Culturais continúa o 9 de marzo cun monográfico sobre o músico Roger de Flor. Así, Caalonso Producións presenta ás 20.30 horas e de balde un documental en torno á figura do cantante titulado "Naturalidade Silvestre". Nel, e coa excusa de facer un seguimento da xira de presentación do seu anterior disco, Carlos Aberto Alonso dá a coñecer máis a fondo a situación actual de numerosos artistas locais de pequeno aforo en Galicia e tamén afonda nas motivacións de Roger de Flor, este creador bohemio, autodidacta e independente que principiou a súa carreira en solitario 2007. A continuación, ás 21.00 horas, o cantautor regresa a Carballo para presentar en concerto o seu recén publicado álbum, "El mundo está loco, loco, loco...", un disco con 12 cancións, na súa mairía compostas integramente por el. O swing, o pop ou o rock son algúns dos ritmos que podemos atopar neste disco, aínda que unha das novidades era a inclusión do metal, que lle da certo carácter soul a algunhas das súas novas creacións musicais. Neste caso, o concerto ten un prezo de entrada de 3 € (2 € con desconto).

Os interesados e interesadas poden obter máis información sobre o "VI Premio de Banda Deseñada Castelao" ou descargar o cartel promocional do concerto de Roger de Flor en dúas ligazóns nesta mesma nova.

Compartir: