Inicio Carballo ao día Hemeroteca Un pleno extraordinario aborda a...

NA ORDE DO DÍA: UN RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE 311.000 EUROS

Un pleno extraordinario aborda a suspensión de licenzas en catro ámbitos para evitar obstaculizar o futuro ordenamento urbanístico

Mércores 7 de marzo do 2012

Outro dos puntos da orde do día refírese á aprobación do Recoñecemento extraxudicial de crédito do exercicio de 2012 do Concello de Carballo, que ten un importe de 311.637,36 euros. Esta figura recoñece o pago daquelas facturas que con data de 31 de decembro de 2011 non foron abonadas, ben porque chegaron fóra de data, ben porque non contaron con partida específica a final de ano. O Goberno local espera que coa aprobación deste recoñecemento se paguen todas as facturas pendentes antes do 15 de marzo, data límite estipulada por un decreto do Goberno central para xustificar as débedas non abonadas. Deste xeito, e segundo recomendan os servizos económicos municipais, o Concello podería declarar estar libre de débedas e cumprir o prazo. O importe do recoñecemento extraxudicial de crédito de 2012 implica un descenso dun 55 por cento respecto de 2011 e dun 64 por cento respecto de 2010. Así mesmo, supón un 1,52 do total do orzamento de 2012. Outro dos puntos da orde do día é a Cesión de uso ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar do inmoble da Escola Infantil A Braña, que está previsto que a Xunta poña en funcionamento ao longo do mes de marzo.

Liquidación do orzamento do ano 2011

Dentro do apartado de seguimento de órganos de goberno inclúese a dación de conta da liquidación do orzamento do ano 2011. O resultado orzamentario é de 324.963,28 euros; o remanente de tesourería é de -349.501,10 euros; e o remanente de tesourería para gastos xerais é de -1.801.326,58 euros. O Alcalde, Evencio Ferrero, subliña que este importe "tan negativo" xorde como resultado de que o Concello está pendente de varios ingresos de elevada contía por parte doutras administracións. Entre eles, hai que subliñar 3.273.892,8 euros de fondos FEDER correspondentes co Fórum Carballo. Así, o Concello ten liquidada a débeda cos proveedores, pero non recibiu o financiamento europeo para o financiamento do complexo. Outra achega pendente son 542.498,99 euros da Consellería de Medio Ambiente para a mellora da travesía de Malpica, outra obra totalmente abonada polo Concello. E nun caso similar están 180.288 euros pendentes da Deputación da Coruña como achega para as obras da Escola Infantil A Braña. Con todo, o Alcalde resalta que o aforro neto final que consta na liquidación é de 1.607.225,75 euros.

Por último, hai que lembrar que a sesión celébrase o 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, polo que está prevista a aprobacón dunha Declaración institucional con motivo desta conmemoración. Os interesados/as en consultar o texto deste documento ao completo, poden facelo nesta mesma nova nun documento en pdf.

Compartir: