Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello solicita á veciñanza que...

AS SANCIÓNS PODEN CHEGAR AOS 300 EUROS

O Concello solicita á veciñanza que cumpra a normativa sobre o correcto reparto de publicidade e pegada de carteis no municipio

Sábado 17 de marzo do 2012

Máis polo miúdo, hai que mencionar que no artigo 7 da Ordenanza de Limpeza reflíctese que no que respecta ao uso das vías públicas en operacións publicitarias nas que se lancen folletos ou follas soltas serán responsables das infraccións aquelas persoas físicas ou xurídicas que promovan ou xestionen a publicidade e, no seu defecto e salvo proba do contrario, aquelas en cuxo favor se faga esta publicidade. Así mesmo, no que respecta á pegada de carteis e co obxecto de manter as condicións de limpeza e pulcritude que esixen o ornato e a estética da vila, queda prohibido colocar carteis e realizar inscricións ou pintadas en paredes, muros, quioscos, fachadas, farois, enreixados, valos, papeleiras, etc. Tampouco se permite esgazar, ensuciar ou arrancar aqueles carteis ou anuncios situados nos lugares ou emprazamentos autorizados para o efecto. Por último, consideraranse separadamente como actos sancionables os anuncios ou carteis de calquera contido, fixados en cada inmoble ou demais lugares prohibidos. Os interesados e interesadas en consultar a normativa municipal a este respecto, poden descargar o texto íntegro da ordenanza de limpeza nun documento en pdf nesta mesma nova.

Compartir: