Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo conmemora o Día Forestal Mundial...

DOMINGO 18 DE MARZO ÁS 11.30 HORAS

Carballo conmemora o Día Forestal Mundial coa plantación de cen árbores autóctonas no Parque Empresarial de Bértoa

Martes 13 de marzo do 2012

O Día Mundial da Árbore, tamén chamado Día Forestal Mundial, celébrase o 21 de marzo porque se trata do primeiro día da primavera no hemisferio norte e do primeiro día do outono no hemisferio sur. A constitución deste día foi suxerida inicialmente polo Congreso Forestal Mundial celebrado en Roma en 1969. Esta recomendación foi aceptada pola Organización de Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) en 1971. Porén, outros países xa viñan celebrando con anterioridade esta data, sendo o primeiro deles Suecia no ano 1840. Naquel entón no país nórdico xa tiñan conciencia da importancia que teñen os recursos forestais, do coidado que se debe ter coas árbores e da necesidade de introducir aos cativos dende ben pequenos no coñecemento da situación forestal mundial. O Concello de Carballo ten celebrado plantacións masivas en anos anteriores con motivo deste día. Nesta ocasión está prevista a presenza do Alcalde, Evencio Ferrero, así como doutros membros da corporación, no Parque Empresarial de Bértoa.

Compartir: