Inicio Carballo ao día Hemeroteca A nova Escola Infantil "A Braña"...

CONTINÚA ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2012-2013

A nova Escola Infantil "A Braña" da capital municipal entra en funcionamento o mércores 21 de marzo

Mércores 14 de marzo do 2012

Respecto das persoas interesadas en solicitar praza nas escolas infantís municipais para o próximo curso, quen queiran contar con As Landras como primeira opción, deben presentar a solicitude e entregar a documentación necesaria na propia Escola Infantil, situada na Estrada de Razo s/n. O teléfono é 981 755 912 e o horario de 9.00 a 14.00 horas. Os interesados/as en solicitar praza na Escola Infantil A Braña como primeira opción, deben presentar a solicitude e a documentación (até a apertura da nova escola) nas dependencias do Telecentro (1º andar) do Pazo da Cultura na Rúa do Pan s/n. O teléfono é 981 704 300. O horario de atención é de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 19.30 horas. Os interesados/as poden consultar a resolución do Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e Benestar, o cadro de prezos das escolas infantís e a relación de Escolas Infantís da rede da Xunta de Galicia dispoñibles para o curso 2012-2013 en varias ligazóns nesta mesmo nova, así como descargar os impresos de solicitude.

Os traballos para a construción da nova Escola Infantil "A Braña" foron realizados por un importe de 684.716 euros, sendo un proxecto elaborado polo arquitecto José Villacé e seleccionado a través dun concurso de ideas. O novo edificio distribúese en dúas zonas principais: unha zona infantil composta por aulas e un espazo central de xogo e multiusos, no que se busca o contacto co terreo exterior para os xogos; e unha zona de adultos, que inclúe o espazo para o profesorado, un cuarto de servizo e outras instalacións. Cada unha das aulas conta co seu propio aseo e conexións, tanto co espazo central de xogo, como co espazo exterior a través de amplas fiestras e portas acristaladas. Neste espazo exterior parcialmente axardinado téñense instalado xogos infantís, como mini tobogáns e balancíns. O edificio foi equipado, así mesmo, con dúas aulas destinadas a nenos e nenas menores dun ano nas que hai unha zona separada para berces e que teñen así mesmo pequenas bañeiras para facilitar a hixiene dos cativos e cativas.

Compartir: