Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello abona todas as facturas pendentes de...

OS 8.400 EUROS QUE RESTAN PAGARANSE A PRÓXIMA SEMANA

O Concello abona todas as facturas pendentes de 2011 e cumpre co Real Decreto de financiamento de pago a proveedores

Xoves 15 de marzo do 2012

Así mesmo, tanto Ferrero como Lendoiro quixeron aclarar o resultado da liquidación orzamentaria do ano 2011 que achega un resultado orzamentario de 324.963,28 euros; un remanente de tesourería de -349.501,10 euros; e un remanente de tesourería negativo para gastos xerais de -1.801.326,58 euros. Este importe xorde como resultado de que o Concello está pendente de varios ingresos de elevada contía por parte doutras administracións, entre os que hai que subliñar 3.273.892,8 euros de fondos FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) correspondentes aos traballos do Fórum Carballo. Esta actuación xa está liquidada no seu pago a proveedores na súa totalidade por parte da administración local, un pago, por outra banda, indispensable para poder optar ao cobro das axudas europeas. Ferrero indica que estas cifras amosan que o problema de tesourería do Concello non é "un problema estrutural, senon conxuntural, xa que as obrigas doutras administracións co Concello non se puideron recoñecer durante ano 2011". Por este motivo, o Alcalde avanza que será necesario "facer un plan de estabilidade" que deberá ser ratificado polo pleno da corporación e que espera que nos próximos meses se poidan recoñecer os pagos do FEDER. Por último, aclara que os datos sobre a liquidación municipal "sempre estiveron a disposición de todos os membros da corporación".

Compartir: