Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os veciños e veciñas...

ARREDOR DE 200 PERSOAS ACUDIRON Á CITA NO POLÍGONO DE BÉRTOA

Os veciños e veciñas apadriñaron máis de 120 árbores autóctonas para conmemorar o Día Forestal Mundial

Martes 20 de marzo do 2012

O Día Mundial da Árbore, tamén chamado Día Forestal Mundial, celébrase o 21 de marzo porque se trata do primeiro día da primavera no hemisferio norte e do primeiro día do outono no hemisferio sur. A constitución deste día foi suxerida inicialmente polo Congreso Forestal Mundial celebrado en Roma en 1969. Esta recomendación foi aceptada pola Organización de Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) en 1971. Porén, outros países xa viñan celebrando con anterioridade esta data, sendo o primeiro deles Suecia no ano 1840. Naquel entón no país nórdico xa tiñan conciencia da importancia que teñen os recursos forestais, do coidado que se debe ter coas árbores e da necesidade de introducir aos cativos dende ben pequenos no coñecemento da situación forestal mundial. O Concello de Carballo ten celebrado plantacións masivas en anos anteriores con motivo deste día. Tamén hai que lembrar que, aproveitando a data do 21 de marzo, a Asociación Ambiental Senda Nova presenta a III Primavera en Ruta. Durante a presentación explicaranse as datas e horarios dos roteiros, os obxectivos do proxecto, horarios e modo de inscripción e reaizarase unha proxección de fotografías dos roteiros de anos anteriores.

Compartir: