Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello e Tráfico asinan un convenio...

CARBALLO CONTARÁ EN ABRIL CON 8 NOVOS SEMÁFOROS INTELIXENTES

O Concello e Tráfico asinan un convenio para axilizar varios trámites relacionados cos expedientes dos condutores

Mércores 21 de marzo do 2012

Durante o acto de sinatura tamén estiveron presentes o Concelleiro de Xestión Municipal e Tráfico, Xosé Regueira; e o Sarxento da Policía Local, Constantino Vázquez, polo que a cita serviu tamén para abordar outros asuntos. Así, falouse de futuras colaboracións para seguir axilizando os trámites entre administracións, ou da coordinación do uso de vehículos de Tráfico e dos radares móbiles entre varios concellos para optimizar o seu rendemento. Así mesmo, Regueira aproveitou para consultar a Pedro Pastor sobre a instalación de semáforos intelixentes na capital municipal. Este tipo de sinalización vertical inclúe un dispositivo que detecta a aqueles condutores que saltan os semáforos en vermello e nestes momentos xa hai un de proba situado nas rúas da capital municipal. O Concelleiro informou de que a partires do 9 de abril está previsto que estean instalados un total de nove, tamén en período de proba, cinco deles para velocidade media. Pastor manifestou estar dacordo con este tipo de dispositivos para "contribuír a que a circulación sexa máis segura". Na mesma liña, Regueira subliña que o obxectivo destas medidas é o da "prevención" e non o afán recadatorio. Hai que lembrar, así mesmo, que este tipo de instalacións son gratuítas para o Concello, que só cede unha porcentaxe da recadación das sancións á empresa que os instala.

Compartir: