Inicio Carballo ao día Hemeroteca O segundo concerto de RockCarballo pecha a oferta...

VENRES 23 DE MARZO ÁS 21.00 HORAS NO PAZO DA CULTURA

O segundo concerto de RockCarballo pecha a oferta musical do programa dos Venres Culturais

Xoves 22 de marzo do 2012

Refugio, outro dos grupos participantes, xuntáronse por vez primeira en 2006 coa intención de facer música pop/rock con César Blanco á voz e guitarra, Sebastián Fariña á batería e Francisco Iglesias á guitarra. Logo de cinco anos en "dique seco", Refugio volta outra vez a surcar os mares da música cunha tripulante máis, a baixista Patricia Fidalgo que xunto ao ímpetu do resto dos integrantes foron quen de retomar este antigo proxecto e poñelo en marcha de novo interpretando temas propios. O grupo Versión Imposible naceu en febreiro de 2009, cando varios compoñentes doutros grupos deciden xuntarse para gozar coa música española dos anos 80, con temas coñecidos e cargados de recordos para todos os integrantes. A formación musical está integrada por Pepe (guitarrista de Tramitess), Fran (guitarrista de Los Vecinos e Portakomporta), Patricia Insua (bajista), Coco (batería de Los Vecinos y Portakomporta) e Peris (voz). Ao longo de 2010 incorpóranse á formación Feli (teclista do grupo Tramitess) e Alberto Martínez (guitarrista de Los Enkfermos, La Crema, etc.) que substitúe a Fran Cerviño.

O último dos grupos deste RockCarballo 2012 é a banda Killer Cats que se formou en marzo de 2008, despóis de una reunión que tivo lugar uns meses antes baixo o nome de "Lembranza Rock", na que grupos locais dos oitenta e noventa, se reuniron para recordar a música que tocaban. Eso prendiu a mecha de algún dos participantes, como foi o caso dos componentes de Killer Cats. Tres dos membros desta formación pertenceron ao grupo dos oitenta Jesse James, que tocaron ao longo de catro anos percorrendo localidades galegas e deixando un gran sabor a Rockabilly en estado puro como eles mismos o denominan, que gustaba a novos e maiores polo seu estilo fresco sobre o escenario que fai que sexa un espectáculo divertido. Os componentes de este grupo rock son: Juanjo Vales, guitarra solista e voz; José Alberto Fuentes (Fifo), baixo e coros; Andrés Rey, guitarra e coros e Richie Calero, batería. A principios do més de marzo comenzaron as súas actuacións da "Xira" que eles denominan "Ahora o nunca 2012" e que agardan que os leven a unha grande cantidade de localidades.

Presentación do disco "Pezas de aquí e acolá"

Non hai que esquecer que a oferta musical do venres 23 no Pazo da Cultura complétase coa presentación do CD do gaiteiro Agustín Sánchez "Pezas de aquí e acolá" (Autoeditado 2012), unha selección de composicións orixinais para cuarteto tradicional. O traballo deste músico que obtivo o título Profesional de Gaita no Conservatorio Municipal de Carballo estréase no Salón de Actos do Pazo da Cultura ás 20.30 horas, coa axuda do recén formado cuarteto tradicional "Farrapos de ghaita", composto por experimentados músicos no eido da música tradicional. Algúns deles tamén acadaron o seu título no Conservatorio carballés, e son: Suso Moreira (Malpica), gaita; Noa Migal (Betanzos), tamboril; e Pablo Pardo (Monterroso), bombo.

Compartir: