Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os voluntarios e voluntarias do programa Senior...

ESTARÁN NA VILA ATÉ O 5 DE ABRIL

Os voluntarios e voluntarias do programa Senior BoT reparten información na feira sobre o Banco de Tempo para maiores

Xoves 22 de marzo do 2012

Durante o período no estranxeiro, os voluntarios e voluntarias levan a cabo intercambios de tempos, apoiando a cooperación informal para o desenvolvemento de diversas actividades. Así, unha persoa deposita unhas horas de tempo ofrecendo un servizo informal que quere dar e, a cambio, pode pedir tempo a outras persoas para as súas necesidades do día a día. O Concello de Carballo ten organizado un completo programa de actividades, entre as que hai que subliñar a colaboración con Apem (Asociación pro enfermos mentais), coa que se están desenvolvendo obradoiros de cerámica, de canteiría, de creación de broches ou de creación de máscaras de arxila. Tamén emprenden cursos de cociña ou incluso imparten clases de tai-chi. O proxecto corre cos gastos de desprazamento e manutención dos participantes durante a súa estadía no estranxeiro, dándolles ademais unha preparación previa antes da súa partida. A iniciativa está vixente durante 24 meses e pretende ampliar as actividades de voluntariado local baseadas nos Bancos de Tempo. O programa sectorial Grundtvig no que se enmarca o programa Senior BoT ten como meta mellorar a calidade e a dimensión europea da educación de adultos, incluíndo o ensino formal e non formal, así como a auto aprendizaxe.

Compartir: