Inicio Carballo ao día Hemeroteca O pleno ordinario de marzo aborda a...

PROPOSTA: DEDICAR A PRAZA DO FÓRUM AOS BOMBEIROS VOLUNTARIOS

O pleno ordinario de marzo aborda a adhesión do Concello á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

Venres 23 de marzo do 2012

Outro dos puntos da orde do día refírese á revocación do acordo do pleno municipal do 31 de xaneiro de 2011 polo que se nomea a intersección da Rúa Perú coa Ponte da Pedra como Glorieta dos Bombeiros Voluntarios. Así, agora proponse o nomeamento como Praza dos Bombeiros Voluntarios ao espazo libre existente na faciana principal do complexo Fórum Carballo no barrio da Milagrosa. Este espazo carece de nome neste momento e será un lugar que terá relevancia futura como acceso principal ao novo complexo administrativo e de formación. O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, afirma que na comisión informativa este asunto foi aprobado por unanimidade dos grupos, e mantén que este tipo de decisións "deben realizarse consensuadamente" para que "se manteña a unanimidade respecto do nomenclator" do Concello. Así mesmo, debaterase na sesión unha moción presentada polo PP polo que propoñen ao pleno da corporación municipal que acorde, en recoñecemento á traxectoria artística e compromiso persoal coa difusión da actividade cultural de Carballo do artista Alberto Gende, denominar a sala de exposicións do Pazo da Cultura de Carballo como Sala de Exposicións Alberto Gende. Así, preténdese valorar a súa traxectoria, especialmente en pintura e deseño gráfico, así como que puxera a disposición o seu talento creativo para a mellor proxección de Carballo. Neste caso, o Alcalde explica que o Goberno quere participar tamén nesta proposta que subscriben na súa totalidade.

Por último, o PP solicita a comparecencia da Concelleira de Facenda, Patrimonio, Participación Social e Festas na próxima sesión plenaria co fin de que explique as medidas se van a tomar no ano 2012 para corrixir o remanente líquido de tesourería negativo de 1,8 millóns de euros, así como a liquidación negativa do orzamento de 2011. Ademais, piden que expoña que partidas do orzamento de 2012 se poden ver afectadas polas medidas correctoras previstas, así como responder ás preguntas que se lle formulen en relación a este tema. Tanto o Alcalde como Belén Lendoiro, presente na rolda de prensa para presentar os asuntos do pleno, explican que a Lei xa establece que en situacións como esta hai que elaborar un plan de reequilibrio, e tamén establece as pautas que se deben seguir nestes casos, divididas en tan só tres posibilidades. Tamén informan de que existen tres meses para elaborar este plan e que os servizos de Intervención municipais aconsellan non precipitarse. En todo caso, o Goberno está a favor desta comparecencia, que se realizará no próximo pleno da corporación, previsiblemente na sesión ordinaria do mes de abril. Para rematar, a sesión tamén supón a comparecencia do Concelleiro de Obras e Servizos, Luís Lamas, para expoñer as obras e servizos contratados ou en execución durante o primeiro trimestre de 2012.

Compartir: