Inicio Carballo ao día Hemeroteca Un total de 21 establecementos participan no...

OPTAN A TRES PREMIOS PARA A ELABORACIÓN DE SEIS ESCAPARATES

Un total de 21 establecementos participan no Concurso de Escaparatismo do II Plan de Mellora da Imaxe Comercial

Luns 26 de marzo do 2012

Hai que lembrar que ata 36 establecementos tiñan a posibilidade de optar ao concurso, once comercios que participaron no II Plan de Mellora da Imaxe Comercial e Escaparatismo e os 25 que tomaron parte no primeiro. O certame chega como complemento ao desenvolvemento do plan, que estableceu que cada un dos locais participantes contara cun informe especializado realizado por unha consultora a partir do que se elabora un dossier no que se analizan a faciana, o escaparate e o interior da tenda, así como a colocación do produto no establecemento. Así, os comerciantes dispoñen dunha análise de situación, unha diagnose e visitas personalizadas a cada local nas que se analizan os rótulos, a iluminación, o xeito en que están expostos os produtos, o mobiliario ou a rendibilidade do punto de venda. Con eses datos elabórase un informe coas carencias e fortalezas da tenda, ademais dunha ficha técnica do establecemento. Durante o concurso valorarase tanto a vistosidade dos escaparates como o aproveitamento do espazo ou a adopción das recomendacións da consultora encargada de asesorar aos establecementos.

Compartir: