Inicio Carballo ao día Hemeroteca O CEIP Canosa-Rus estrea unha nova biblioteca a...

O ALCALDE DE CARBALLO ESTIVO NO ACTO DE INAUGURACIÓN

O CEIP Canosa-Rus estrea unha nova biblioteca a través do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares

Luns 26 de marzo do 2012

Na súa intervención, Cabana tamén desexou que a biblioteca sexa un xeito de achegar a lectura ás familias, porque "se ven á familia ler, os nenos e nenas tamén len". O acto de inauguración foi un máis dos que se desenvolveron no centro dende primeira hora da mañá para a posta de longo das novas instalacións. Así, houbo contacontos, ilustracións e dramatizacións para nenos e nenas de 1º, 2º e 3º ciclo, antes e despois de comer. Así mesmo, o novo espazo foi rebautizado co nome de Leoteca. O alumnado do centro deseñou distintas meigas para ser a imaxe do novo espazo e despois dunha votación, gañou a meiga Leoteca, que servirá tamén para denominar as novas instalacións. Na Leoteca, os usuarios e usuarias poderán atopar libros informativos, de utilidade para estudar, facer traballos ou profundizar nas materias; libros de imaxinación, con contos clasificados para Educación Infantil, Primeiros Lectores, Lectores Autónomos e Lectores Expertos; banda deseñada, con personaxes como Mortadeo e Filemón, Asterix, Fiz e os biosbardos, etc.; libros para nais e pais; e por último, vídeos e xogos educativos para ordenador. Tamén se favorecerán outras actividades, con materiais como disfraces para os nenos e nenas. Así mesmo, funcionará un servizo de empréstito regulado polo carné da Leoteca.

Compartir: