Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobadas as bases para convocar as...

SOLICÍTASE UNHA AXUDA PARA CONTRATACIÓNS PARA O GRUMIR

Aprobadas as bases para convocar as subvencións para ANPAS, viaxes escolares e Cabalgatas de Reis 2012

Luns 26 de marzo do 2012

Aprobáronse así mesmo as bases da convocatoria de subvencións para a realización de Cabalgatas de Reis no ano 2012, que teñen como obxectivo colaborar coas asociacións e colectivos que organizan este tipo de actividades ou outras de animación infantil que festexan o Nadal no municipio de Carballo. Ademais, o Concello pretende contribuír ao mantemento de tradicións populares como as cabalgatas, apoiando o papel do tecido asociativo na organización destas citas e a súa celebración nas parroquias do municipio. No apartado de subvencións, tamén hai que subliñar a solicitude dunha axuda á Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia no marco das axudas e subvencións para o fomento do emprego a través de programas de cooperación, no ámbito de colaboración coas entidades locais. O Concello solicita unha subvención para a contratación de 12 traballadores (3 encargados-condutor e 9 peóns) por un período de doce meses para o Grumir (Grupo Municipal de Intervención Rápida).

No apartado de contratacións, recibiu luz verde o expediente relativo ao contrato do "Servizo de ensino para a especialidade de percusión que se está a prestar por parte do Concello de Carballo no Conservatorio Profesional de Música, así como o de asistencia técnica á Banda de Música de Carballo". O procedemento é o de negociado sen publicidade, o orzamento de contrata ascende a 21.000 euros por un período inicial de 24 meses, sen prórroga. Entre os criterios de adxudicación está a oferta económica, a formación docente e outros méritos. Por último, a Xunta de Goberno supuxo luz verde para dous vaos permanentes na rúa San Martiño e un vao laboral; para dúas licenzas de obra de vivendas unifamiliares; para unha licenza de obra e apertura e unha licenza de primeira ocupación.

Compartir: