Inicio Carballo ao día Hemeroteca As praias do municipio límpanse e...

PROTECCIÓN CIVIL ADVIRTE DA AUSENCIA DO SERVIZO DE SOCORRISMO

As praias do municipio límpanse e acondiciónanse estes días con motivo das vacacións de Semana Santa

Venres 30 de marzo do 2012

O servizo de 'Limpeza de praias do municipio de Carballo' adxudicouse no ano 2010 á empresa Eulen SA por un prezo de 303.57,63 euros para os catro anos de duración inicial do contrato, que pode ser prorrogado dous anos máis sen que se exceda unha duración total de seis anos, sendo o prezo anual de adxudicación de 75.889,41 euros. A empresa ten o compromiso de incrementar o período de prestación do servizo en tempada alta en dúas semanas (dende o 16 de setembro até o 1 de outubro) e o incremento do período de tempada media en dúas semanas (dende o 1 de abril até o 15 de abril), neste último caso para cubrir as vacacións de Semana Santa. As melloras destes días enmárcanse dentro deste acordo. Así mesmo, a empresa comprometeue a cumprir melloras ofertadas sen custo adicional por valor de 5.857,11 euros. Hai que lembrar que os areais de Razo, Baldaio ou Pedra do Sal constitúen un dos principais atractivos turísticos de Carballo. Milleiros de persoas achéganse a eles durante a tempada de bo tempo para gozar da paisaxe e o mar. Quen prefira optar pola soidade e o silencio, pode internarse no extenso sistema de dunas que caracteriza a este espazo natural incluído na Rede Natura 2000.

Compartir: