Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Alcalde transmítelle á...

A XUNTA LOCAL CELEBRARASE NO MES DE MAIO

O Alcalde transmítelle á Subdelegación do Goberno as principais incidencias no municipio en materia de seguridade

Luns 2 de abril do 2012

Seguindo cos problemas en materia de seguridade detectados nos últimos tempos, expúxose a importancia que están tendo situacións relacionadas coa delincuencia xuvenil co obxectivo de atallar estes sucesos e insistir na prevención, especialmente nos centros de ensino, xa que algúns menores teñen participado en incidentes de certa gravidade. Así mesmo, estase reforzando o labor policial preventivo no que respecta ao tráfico de drogas, que tamén ten experimentado un lixeiro repunte. Segundo explica Regueira, as accións adoptadas polas forzas de seguridade van encamiñadas a cortar este problema de raíz o antes posible. Por último, os representantes do Concello carballés tamén lle transmitiron ao Subdelegado do Goberno os seus parabéns por algunhas das actuacións realizadas en materia de seguridade nas últimas semanas, especialmente coa detención de varios delincuentes que se dedicaban a roubar vehículos no casco urbano carballés e que protagonizaron un incidente con dous axentes da Policía Local no aparcadoiro da Horta do Casino.

Compartir: