Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobado un convenio entre o Concello e a Escola...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Aprobado un convenio entre o Concello e a Escola Universitaria de Turismo do Centro Español para a realización de prácticas de estudo

Domingo 11 de marzo do 2012

A sesión supuxo, así mesmo, a autorización de seis vaos permanentes, nas rúas Lirios, Xallas, Amapola, Noia, Lagoa e Brasil; a aprobación de tres licenzas de primeira ocupación, dúas de elas para naves sen uso específico no Parque Empresarial de Bértoa; luz verde para dúas licenzas de obra e apertura correspondentes cun despacho de pan na rúa Fomento e unha clínica de Fisioterapia na rúa Ordes; e a aprobación de catro licenzas de obra, unha delas para unha demolición dunha vivenda e conxunto de edificacións anexas no lugar de Queo. Por último, no apartado de expedientes de contratación aprobouse unha modificación puntual do contrato administrativo da obra "Biblioteca de Carballo" ou os contratos para a "Asistencia técnica para o control, seguimento e auditoría externa do control de calidade dos servizos públicos de recollida de lixo, Punto Limpo e canceira municipal" e para a "Asistencia técnica á dirección de obra: Mellora do sistema xeral de abastecemento a Carballo (Anllóns-Bardoso)".

Compartir: