Inicio Carballo ao día Hemeroteca A exposición "MINGUaRTE" ofrece...

PODE VISITARSE ATÉ O 31 DE XULLO DE 17.00 A 20.30 HORAS

A exposición "MINGUaRTE" ofrece distintas perspectivas acerca da crise tentando insuflar espírito de cambio e positivismo

Venres 14 de xuño do 2013

En canto aos 24 artistas que contribúen á mostra, son os seguintes: Antonio Reino, Antonio Taracido, Cristina Castro, Diana Molina, Chiña (Mª José Costa), Emilia Rodríguez de las Heras, Eva Facal, Fernando Mourón, Isa Fernández, Jacobo Veiga García, Juan A. Villar Casares, Lola Oviedo, Manuel Eirín Nemiña, Manuel Facal, Manuel Pazos, Milagros Cotelo Rama, Mon Lendoiro, Mónica Noya, Oti Fernández, O'Mighelo (Miguel Anxo Calvo Pose), Peter Kramer e Santiago Picos Díaz. Durante o acto de inauguración tivo lugar unha intensa performance artística e musical a cargo de Alba Fernández e Conrado Dorado, que a través de sons e expresión corporal pecharon a inauguración. Todo para acompañar unha iniciativa que, en verbas de Evencio Ferrero, permita gozar da arte aos carballeses e carballesas "na compaña dos amigos". Así mesmo, Mar Eirís quixo agradecer a colaboración de todos os artistas implicados ao permitiren ao público "desfrutar da calidade das súas obras". Os artistas tamén quixeron agradecer o labor de Beatriz Fernández, que por primeira vegada colaborou como comisaria da exposición. A mostra está enmarcada na programación de San Xoán 2013 e pode visitarse até o 31 de xullo de 17.00 a 20.30 horas.

Compartir: