Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello triplica o número de axentes...

NALGUNHAS XORNADAS HABERÁ DESDE 20 A 22 EFECTIVOS

O Concello triplica o número de axentes nas rúas durante as festas de San Xoán para garantir a seguridade durante as celebracións

Venres 21 de xuño do 2013

Respecto doutras incidencias relacionadas coas Festas de San Xoán, hai que mencionar que o Alcalde, Evencio Ferrero, vén de emitir un bando polo que durante as festas patronais de San Xoán 2013, e coa finalidade de que a cidadanía carballesa desenvolva a longa tradición de realizar sardiñadas nestas datas e ao abeiro do que establece o artigo 5.11 da Ordenanza xeral de ocupación de dominio público local con terrazas de hostalería, dispénsase da prohibición xeral de realizar barbacoas ou parrillas na vía pública do 21 ao 30 de xuño, ambos inclusive. Por iso, neses días está autorizada a realización de sardiñadas, asados, etc., na vía pública, sendo obrigatorio, tan só, poñer en coñecemento da Policía Local, con 24 horas de antelación, o lugar onde se van celebrar, debendo tomar as medidas cautelares que dispoñan os axentes citados. Así mesmo, hai que lembrar que o Mercado Municipal permanece pechado os días 24 e 25 de xuño, día de San Xoán e festivo local respectivamente, con motivo da celebración das festas patronais de 2013.

Compartir: