Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello substituirá as lousas de...

A PIQUES DE REMATAR OS TRABALLOS DE LIMPEZA DE MALEZA

O Concello substituirá as lousas de pizarra do Paseo do Anllóns por un firme de terra máis axeitado para os camiñantes

Sábado 15 de xuño do 2013

Hai que lembrar que o Concello carballés realiza de forma cotiá labores de mantemento, conservación e posta en valor da ribeira do río Anllóns e do seu Paseo, ademais de mantemento dos espazos públicos. Noutra orde de cousas, e dentro das accións de limpeza e coa chegada do verán, o Concello lembra que tamén realiza labores para a prevención de incendios forestais e para a limpeza dos solares do casco urbano. No primeiro caso, o obxectivo é defender os montes ou terreos forestais fronte ao lume, así como protexer ás persoas e bens que puideran resultar afectados por eles. No segundo, a administración local vela polo cumprimento da Ordenanza municipal reguladora da limpeza, salubridade e hixiene no termo municipal de Carballo, cuxo incumprimento pode implicar sancións. Por exemplo, se por falta de limpeza dos predios, sobresaíran destes á vía pública calquera clase de silveiras, mirtos, matogueiras, ou outra vexetación, a sanción é de 90 euros.

Compartir: