Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Comisión de deslinde de Carballo e A...

A SESIÓN CELEBRARASE O LUNS 1 DE XULLO

A Comisión de deslinde de Carballo e A Laracha aproba por unanimidade a proposta definitiva que será ratificada polo pleno

Venres 14 de xuño do 2013

En todo caso, o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, subliña que en todos os casos en que chegou a haber algún problema chegouse ao acordo por unanimidade da comisión. Na acta final algunhas vivendas e terreos pasan de pertencer á Laracha a Carballo e viceversa, pero trátase de cambios que non revisten grande transcendencia. Tamén hai que levar que o traballo de deslinde ten sido moi laborioso, xa que moitos dos datos que manexou a comisión remóntanse a 1947 e foi necesario un exhaustivo traballo de campo. Algúns dos puntos nos que se fixo necesaria unha revisión máis pormenorizada foron Samiro (Berdillo), A Piña (Sofán), A Cheda (Bértoa) ou A Perucha (San Miguel de Vilela). Unha vez aprobada a acta de deslinde, o seguinte paso no preceso sería remitirlla á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e posteriormente ao Instituto Xeográfico Nacional.

Compartir: