Inicio Carballo ao día Hemeroteca Nove clubs, entre os que están o Barcelona...

OS DÍAS 21, 22 E 23 E DE XUÑO NAS EIROAS

Nove clubs, entre os que están o Barcelona ou o Deportivo, compiten no IX torneo Fútbol 8 Alevín Concello de Carballo

Sábado 15 de xuño do 2013

Respecto do IV Campus de Fútbol Base Concello de Carballo, terá lugar nunha única quenda do 1 ao 6 de xullo nos campos de herba sintética das Eiroas. Está dirixido a futbolistas de entre 5 e 16 anos e será impartido por prestixiosos adestradores. Ate o momento está confirmada a presenza de Armando de la Morena, dos Xuvenís do Atlético de Madrid; Eric Tenllado, dos Alevíns do RCD Español; David Aznar, integrante do corpo técnido da Federación Española de Fútbol en categorías benxamín e alevin; César, adestrador de porteiros do RC Deportivo; Fran Alcoy, adestrador do Villareal C; e Andoni Bombín, coordinador de fútbol base do Athletic Club de Bilbao: A organización está pendente nestes momentos de recibir a confirmación da asistencia de Alberto Garrido ou Roberto Tomás, adestradores das categorías inferiores do Real Madrid. A novidade coa que conta o Campus este ano, ademais da redución da súa duración, é que, como peche, o domingo 7 de xullo disputarase uns torneos de 3x3 de fútbol alevín, un formato moi divertido, segundo subliña Torre Pichel, para rematar a semana. O Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, quixo felicitar ás escolas polo cartel, ademais de "polo reto asumido este ano que ten multiplicado por catro ou por cinco o seu traballo ao colleren o Bergantiños". Así mesmo, subliñou o se traballo no fútbol de base, "un traballo que estou seguro de que en catro ou cinco anos poderá verse no Bergantiños e será incluso un referente a nivel galego".

O presidente das Escolas Luís Calvo, Luciano Calvo, quixo expresar o seu agradecemento ao Concello pola súa colaboración, pero tamén e "sobre todo", a todas as empresas colaboradoras, "unha parte fundamental para que todas as tensións económicas non nos poñan nerviosos". Tamén subliñou o nivel do programa, "con históricos do fútbol español". Por último, o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, compartiu a idea de Trigo de que o labor das Escolas "cristalizará" no Bergantiños dentro duns anos, xa que "hai quen pensaba que os equipos se facían a base de fichaxes, pero demostrouse que non é así". Gabou os resultados "que xa están vendo", como por exemplo na figura de Ángel Esmorís e desexou que "podamos ver como xogadores das Escolas Luís Calvo teñen unha grande perspectiva de éxito no mundo do fútbol". Os interesados e interesadas poden descargar o cadro de enfrontamentos en pdf nesta mesma nova.

Compartir: