Inicio Carballo ao día Hemeroteca O ourensán Cristian Díaz e a...

NUMEROSO PÚBLICO ENCHEU AS RÚAS DE CARBALLO PARA VER A PROBA

O ourensán Cristian Díaz e a coruñesa Carla Merayo, gañadores da III Carreira Popular 10 Km Concello de Carballo

Martes 18 de xuño do 2013

Hai que mencionar que o Padroado Deportivo Municipal quixo distinguir aos atletas carballeses mellor clasificados, Lorena Seoane e Javier Seoane; e ao corredor de máis idade, Jesús Montero Lago, de 72 anos, que completou o cadro de honra. No resto de categorías, os gañadores foron os seguintes: en absoluta masculina o podio foi 1º César Vázquez de Zas, 2º Iván Rego de Vimianzo e 3º Amador Peña de Santiago; en absoluta feminina 1ª Carla Merayo da Coruña, 2ª Uxía García da Coruña e 3ª Alba Baamonde de Noia; en veteranos de 35 a 40 anos, o 1º foi Cristian Díaz, gañador absoluto da proba, 2º Jesús Antonio López de Castropol e 3º José Antonio Abuín de Cambre; en veteranas de 35 a 40 anos 1ª foi Belén Pérez de Cee, 2ª Estela María Portas da Coruña e 3ª Noelia Caruncho da Coruña; en veteranos de 41 a 49 anos, o 1º foi Pedro Alén de Carballo, 2º Felipe Miguens de Pontecesures e 3º Daniel Pérez de Padrón; en veteranas de 41 a 49 anos, a 1º foi Teresa Castro de Vimianzo, a 2ª Puri Fernández, de Bergondo e a 3ª María del Carmen Rodríguez de Cambre; en veteranos de 50 a 59 anos o 1º foi Emilio Martínez da Coruña, o 2º José Luís Bouza de Ferrol e o 3º Ramiro Fernández de Teo; en veteranas da mesma idade a 1ª foi Josefina Castro de Lugo, a 2ª Elisa Paz de Ferrol e a 3ª Carmen García de Zas.

Para rematar cos veteranos, nos de máis de 60 anos o 1º foi Sergio Ramos de Vigo, o 2º o carballés José Antonio Suárez e o 3º Secundino Fernández de Betanzos; a 1ª foi a única participante desta categoría, Isabel Brea Pose, coruñesa que fixo o percorrido en 56:35. No que respecta ás categorías inferiores, en benxamín a clasificación foi 1º Andrés García, 2º Julián García e 3º Pablo Angeriz, todos de Carballo; en femias 1ª Lucía Carro de Carballo, 2ª Alicia Abelenda de Carballo e 3ª Etalem Bardanca de Sada; en alevín masculino foi 1º o marroquí do Club Negreira Salama Loufitel Gahzali, 2º o carballés Iker Rey e 3º o sadense Mario García; en feminino gañou Valeria Gómez, 2ª Nerea Varela e 3ª Icía Barcía; en infantil o 1º foi Aziz, o 2º Darío Ramos e o 3º Pedro Osorio; en infantil de femias gañou Ana García Vázquez, 2ª Miriam Landeiro e 3ª María Sexto; en cadete masculino 1º Juan Carlos Rodríguez, 2º Miguel Mazo e 3º Eloy Ferreiro; en feminino 1ª Patricia Santana, 2ª Nuria de Castro e 3ª Sara García; por último, en xuvenil feminino non houbo participación, mentres que en masculino 1º foi Pablo Barreira, 2º Ayoub Kauou e 3º David Aridóns.

Compartir: