Inicio Carballo ao día Hemeroteca O pregón e o Festival Rockin´ abren...

PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE FESTAS

O pregón e o Festival Rockin´ abren o programa dun San Xoán que celebra a noite meiga co tradicional concurso de cachelas

Xoves 20 de xuño do 2013

A música do Rockin´ acompañarase para os menos rockeiros cunha verbena na Praza do Concello a partir das 22.30 horas coas orquestras Israel Espectáculo e Grupo D´Moda. A primeira estrea en Carballo a súa nova proposta, mentres que a segunda, que comeza a tocar a horas máis tardías, está especialmente pensada para o público máis novo. As verbenas continúan o sábado 22 ás 23.00 horas con outras dúas orquestras: Trébol e Grupo Primera Línea de Canarias. A primeira ten máis de 60 anos de vida nos que ten actuado en verbenas, restaurantes, casinos, radios e televisións e trae a Carballo o seu novo escenario. A segunda ofrecerá un espectáculo que está tendo moito éxito pola súa popularidade. E a verbena que pecha os primeiros compases do San Xoán mentres se prepara para os días grandes, 24 e 25 de xuño, é a da Orquestra Compostela o domingo 23 ás 23.00 horas, para animar un pouco a noite meiga. Trátase dunha formación que xa supera os 90 anos de vida e que ten visitado Carballo en varias ocasións. Porén, as auténticas protagonistas do día 23 son as cachelas e as sardiñadas, e con elas, o tradicional Concurso de Cachelas, que cumpre 26 anos.

Este certame, que reparte 1.650 euros entre premios e subvencións, invita a que os carballeses e carballesas dean renda solta á súa creatividade. Ás 20 primeiras cachelas inscritas que participen no Concurso e non resulten premiadas correspóndelles unha axuda de entre 20 e 50 euros, segundo determine o xurado en función da súa calidade. Se o xurado considera que a súa calidade non é suficiente poderán non ter dereito a esta axuda. A valoración das cachelas realizarase, antes da súa queima, entre as 19.00 e as 23.00 horas. Para realizar a valoración das cachelas, o xurado terá en conta a orixinalidade do deseño e a súa elaboración (tamaño, materiais empregados, calidade da execución, etc.). As cachelas gañadoras recibirán os premios que se sinalan a continuación, podendo o xurado deixar deserto algún deles se o estima oportuno. Así mesmo o xurado poderá outorgar accésits por un valor de 90 euros se o considerase pertinente:

  • 1º Premio: 500 €
  • 2º Premio: 200 €
  • 3º Premio: 150 €
  • 4º Premio: 100 €

Compartir: