Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Bandeira de Azul ondea de novo dende o 22 de...

A ASOCIACIÓN ADEAC CONCEDE ESTE DISTINTIVO DE CALIDADE

A Bandeira de Azul ondea de novo dende o 22 de xuño nas praias do municipio: Razo, As Saíñas e Pedra do Sal

Sábado 22 de xuño do 2013

Para que un areal poida conseguir a Bandeira Azul é preciso realizar numerosos controis, entre os que destacan as análises periódicas das augas. Hoxe en día a campaña da Bandeira Azul desenvólvese anualmente en máis de 40 estados de cinco continentes, incluíndo a práctica totalidade dos estados da Unión Europea. Hai que subliñar, ademais, que as praias de Carballo contarán durante o estío con 32 socorristas que velarán pola seguridade dos bañistas. O servizo xa tn principiado este mes con 20 traballadores, aos que se sumarán outros 12, ata un total de 32, entre o 1 de xullo e o 31 de agosto. O servizo prolóngase até o comezo do curso lectivo en setembro, mes no que haberá de novo 20 socorristas. Tamén hai que mencionar que o Concello de Carballo realiza regularmente labores de acondicionamento dos accesos e aparcadoiros aos areais do municipio, ademais de contar cun servizo específico de limpeza. Hai que lembrar que as praias de Razo, As Saíñas ou Pedra do Sal constitúen un dos principais atractivos turísticos de Carballo. Milleiros de persoas achéganse a eles durante a tempada de bo tempo para gozar da paisaxe e o mar. Quen prefira optar pola soidade e o silencio, pode internarse no extenso sistema de dunas que caracteriza a este espazo natural incluído na Rede Natura 2000. Os interesados e interesadas poden consultar nun anexo en pdf a relación de areais de toda España que teñen resultado distinguidos coa Bandeira Azul.

Compartir: