Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello denuncia un acto vandálico que...

OS FEITOS FORON POSTOS EN COÑECEMENTO DAS AUTORIDADES

O Concello denuncia un acto vandálico que supuxo a rotura de medio centenar de árbores de ribeira no Paseo do Anllóns

Mércores 26 de xuño do 2013

Hai que subliñar que o Concello carballés realiza de forma cotiá labores de mantemento, conservación e posta en valor da ribeira do río Anllóns e do seu Paseo e colabora con asociacións de carácter ecolóxico, ademais de facelo por iniciativa propia, no repoboamento e ornamentación destas zonas coa plantación de árbores autóctonas. O Concello pide a axuda da veciñanza por se alguén puidera ofrecer información sobre o sucedido e axudar a loitar porque estes feitos reprobables, realizados por "desalmados", en verbas de Luís Lamas, non se volvan a producir. Convén recordar que as sancións por delicto ecolóxico poden chegar, nos casos máis graves, a penas de cárcere. Tamén hai que recordar que a administración local ten previsto realizar melloras no Paseo do Anllóns despois das festas de San Xoán. Así, está previsto substituír as lousas de pizarra situadas no tramo máis próximo á ponte da Milagrosa por un firme de zahorra aplanada, máis axeitado para os numerosos camiñantes, corredores e ciclistas que empregan o paseo cada día, ademais de ser unha superficie que conta cun mantemento e conservación máis sinxelos.

Compartir: