Inicio Carballo ao día Hemeroteca As últimas verbenas, a Mostra de Habaneras...

VENRES 28, SÁBADO 29 E DOMINGO 30 DE XUÑO

As últimas verbenas, a Mostra de Habaneras e a Festa do Bosque conforman o albaroque do San Xoán 2013

Xoves 27 de xuño do 2013

Pero antes da Festa do Bosque, aínda é tempo de verbenas: o venres 28 e o sábado 29 de xuño na Praza do Concello. Os propietarios das barracas das festas patronais patrocinan estas actuacións musicais que estarán a cargo das orquestras Canadá e Los Príncipes, o venres 28; e da orquestra Delirio o sábado 29. E como xá é tradicional, a música coral está presente na despedida do San Xoán. O auditorio do Pazo da Cultura acolle o sábado 29 de xuño a partir das 21.00 horas a XVII Mostra de Habaneras. Organizada pola Coral Polifónica de Bergantiños, o programa inclúe, ademais do repertorio dos anfitrións, as propostas musicais da Coral Polifónica Eixil de Cedeira e da Coral Polifónica Santa María de Cambre. Este ano a mostra volve a contar coa presenza do Coro Infantil de Voces Brancas. A Coral Polifónica de Bergantiños nace en Carballo no ano 1969 ao amparo do antigo 'teleclub', baixo a dirección do cura de Carballo Don Jaime Rodríguez Valcárcel. Ao pouco tempo toma a dirección Don Manuel Rodríguez Rodríguez, con quen a coral crece en formación musical e tamén en número de compoñentes, iniciando unha etapa de auténtica expansión. No ano 2007 créase o coro de voces brancas, ilusionante iniciativa xurdida dunha colaboración coa parroquia de San Xoán Bautista. Coa celebración da Mostra de Habaneras colabora a Comisión de Festas de San Xoán.

Compartir: