Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello convoca no Fórum Carballo un...

INSCRICIÓNS A PARTIR DO LUNS 1 DE XULLO

O Concello convoca no Fórum Carballo un Curso de Alimentación e Nutrición Saudable dirixido a hostaleiros

Venres 28 de xuño do 2013

O curso está pensado para ser impartido ao longo de dúas semanas en sesións de 3 horas, dúas veces á semana ata completar as catro sesións das que se conforma. Así, a actividade formativa está dividida en catro bloques: o Bloque I de aspectos xerais nunha alimentación saudable; o Bloque II, sobre especificacións nutricionais en diversas enfermidades ou intolerancias relacionadas coa alimentación (celiaquía, diabetes, intolerancia á lactosa, hipertensión, hipercolesterolemia, etc.) e sobre alimentación vexetariana e vegana; o Bloque III, sobre ferramentas prácticas para a aplicación no sector da hostalería e deseño de menús saudables; e o Bloque IV que conforma as sesións prácticas na cociña. O equipo docente estaría formado por Vanessa de la Fuente Redondo, consultora especialista en deseño e xestión de proxectos relacionados con institucións públicas e privadas de ámbito local, autonómico e estatal; e por Noa Vázquez Rendal, asesora nutricional, licenciada en Bioloxía e en Ciencia e Tecnoloxía dos alimentos e experta en Nutrición aplicada e nutrición ortomolecular. Os interesados e interesadas poden descargar un díptico informativo sobre a actividade, en pdf nesta mesma nova.

Compartir: