Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobados dous convenios de colaboración...

SUBVENCIÓN PARA OS VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL

Aprobados dous convenios de colaboración con Axober e o CCA para a dinamización económica e consolidación de empresas e negocios

Luns 1 de xullo do 2013

No apartado de convenios, tamén hai que mencionar a modificación do subscrito entre o Concello de Carballo e a Fundación Radio ECCA que pretende a promoción da formación entre as persoas adultas, en especial das interesadas na obtención do Graduado en ESO (Educación Secundaria Obrigatoria). A modificación supón un incremento no importe da colaboración de 1.000 a 1.500 euros para as actividades realizadas durante 2013. Así mesmo, a sesión supuxo a dación de conta dun Convenio de Colaboración entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Carballo para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais mediante a actuación dun vehículo motobomba. Fóra da orde do día, tamén se dou conta doutro convenio coa Consellería de Medio Rural para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais, pero neste caso mediante a actuación de brigadas de prevención e defensa. No apartado de subvencións, recibiu luz verde unha axuda de 21.561,30 euros por parte do Concello para a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil no exercicio 2013 para o Servizo de Salvamento e Socorrismo das praias de Razo, Baldaio, As Saíñas e Arnela. Para rematar, a sesión supuxo a aprobación dunha licenza de primeira ocupación, de seis licenzas de obra maior e dun proxecto de execución. Ademais, incluíuse o informe por actividades molestas para a ampliación do cemiterio parroquial de San Salvador de Sofán.

Compartir: