Inicio Carballo ao día Hemeroteca Axober e o Concello asinan un convenio de...

A ACHEGA MÁXIMA PREVISTA É DE 10.000 EUROS

Axober e o Concello asinan un convenio de colaboración para fomentar a dinamización económica e a consolidación de empresas

Martes 2 de xullo do 2013

O acordo tamén implica a creación dunha Comisión de seguimento que estará formada polo presidente e o vicepresidente de Axober, polo Concelleiro delegado de Promoción Económica e polo Alcalde de Carballo. Dada a importancia do apoio das empresas ao proxecto, dende esta comisión planificaranse e executaranse todas aquelas actuacións de divulgación e promoción, para que a través de xornadas, visitas, encontros ou seminarios se acade a creación dun movemento de dinamización empresarial que leve á implicación e a unha xestión común de todos os empresarios e empresarias afectados. Axober comprométese, ademais, a colaborar co Concello mantendo informada á administración local das actividades programadas; achegando os datos dos establecementos asociados a Axober para incluílos nos motores de procura de empresas nas súas páxinas web e en calquera publicación promocional que se edite e participando na promoción das actividades formativas ou de calquera outro tipo que o Concello carballés programe para o empresariado. A realización de todas as actividades será levada a cabo de maneira conxunta pola administración local e por Axober a través da comisión mixta que se reunirá alomenos unha vez ao ano para consensuar e aprobar un plan de accións.

Compartir: