Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Comisión de Urbanismo comeza a...

A XUNTANZA DUROU MÁIS DE TRES HORAS

A Comisión de Urbanismo comeza a revisión das alegacións presentadas ao documento para a aprobación inicial do PXOM

Xoves 4 de xullo do 2013

Hai que mencionar que o documento para a aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal recibiu un total de 1.921 alegacións, presentadas por 2.451 alegantes e que afectan a un total de 2.908 parcelas do municipio, a maioría situadas no medio rural. Así mesmo, as alegacións están clasificadas por tipos, cun total de 15 categorías. A maior parte das reclamacións correspóndense con parcelas sobre as que se solicita un cambio de clasificación total (con 1.277 alegacións que supoñen o 59,9 por cento do total e afectan a 1.786 parcelas), seguidas das que solicitan a inclusión da totalidade da parcela (266 e 12,4 por cento) e das que piden a modificación de condicións edificatorias contidas nas ordenanzas (225 e 10,5 por cento). En todo caso, mirando por parroquias -exceptuando a de Carballo-, as que rexistran un maior número de peticións son Bértoa, Razo e Sofán. Na zona rural, a solicitude máis habitual é a de incorporación de parcelas a licenza de obra directa. Tamén hai que lembrar que todos os grupos políticos da corporación contan con toda a información pertinente nun CD, no que tamén están incluídos os planos cunha clasificación sobre cada parcela na que se indica o número de alegación, a súa natureza, etc., así como uns criterios xerais nos que basearse para estimar ou desestimar cada alegación que se irán concretando en xuntanzas sucesivas.

Compartir: