Inicio Carballo ao día Hemeroteca Lori Meyers visita a praia de Razo da man do...

ENTRE O XOVES 4 E O SÁBADO 6 DE XULLO

Lori Meyers visita a praia de Razo da man do festival PopUp, unha cita que conecta a música, o deporte e a natureza

Xoves 4 de xullo do 2013

Afondando na oferta deportiva, a Escola de Voleibol Xiria colabora na creación do campionato de volei praia, o I Torneo PopUp (5 e 6 de xullo). Está previsto que haxa premios en metálico por importe de 1.000 euros, ademais de trofeos para os primeiros clasificados en categorías masculina e feminina senior, coa competición artellada arredor de dous grupos de 16 equipos cada un. No caso do balonmán, a Escola Balonmán Xiria é a encargada de crear este torneo con 900 euros en premios, tamén os días 5 e 6 de xullo, contando con arredor de 15 equipos, segundo explica Marcos Seijido, das Escolas Xiria. Cada equipo terá unha cota de inscrición de 100 euros e a proba está incluída no calendario da Federación Galega de Balonmán Praia. Por último, o apartado de surf conta coa colaboración da Federación Galega nunha proba puntuable para o circuíto galego. Así, o 5 e 6 de xullo visitarán o areal os mellores surfistas galegos de todas as idades. Colaboran coa cita Art Surf Camp e Teiron.

Os interesados e interesadas en obter máis información sobre os grupos, os horarios, a venda de entradas e todas as citas do festival, poden facelo no web <www.festivalpopup.com>. Tamén é posible descargar o cartel promocional da cita nesta mesma nova.

Compartir: