Inicio Carballo ao día Hemeroteca O programa "Vacacións en paz" e...

RECEPCIÓN DO ALCALDE O XOVES 18 DE XULLO

O programa "Vacacións en paz" e o Concello facilitan a estadía de nenos e nenas saharauís en Carballo durante os meses de verán

Venres 5 de xullo do 2013

Un dos obxectivos principais do programa "Vacacións en paz" é, pois, a de reivindicar o dereito dos nenos e nenas saharauís a vivir no Sáhara Occidental e poñer de manifesto a situación na que actualmente viven, en campamentos de haimas nos que durante os meses de verán as temperaturas superan os 50 grados centígrados. O programa preséntase nun marco de solidariedade e axuda desinteresada co fin de propiciarlles unha estadía agradable e humanamente rica aos nenos e nenas saharauís. Trátase, xa que logo, de ofrecerlles a estas nenas e nenos nados no medio dun clima de guerra e sometidos ás súas dúbidas, unha posibilidade de coñecer formas distintas de vida, de maneira que iso contribúa, non so na súa formación, senón tamén a mellorar e potenciar a comunicación e o entendemento co Pobo Saharauí. Tamén hai que sinalar que, despois da marcha dos cativos e cativas, mantéñense reunións coas familias de acollida para realizar unha avaliación do proxecto e para realizar accións co fin de dar a coñecelo a todo o mundo e denunciar a situación do Pobo Saharauí.

Compartir: