Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello denuncia ante o Seprona a presenza...

A INFRACCIÓN PODE IMPLICAR SANCIÓNS DE ATA 500 EUROS

O Concello denuncia ante o Seprona a presenza reiterada dun vertedoiro incontrolado na recta de Entrecruces

Sábado 6 de xullo do 2013

Hai que lembrar que dende finais de 2012 a Unión Temporal de Empresas (UTE) formada por Urbaser e Servigal ten asumido a xesión do servizo de recollida de lixo, Punto Limpo e Canceira do Concello de Carballo. Dende ese momento téñense rexistrado algúns cambios, como foi o caso da ampliación do horario do Punto Limpo do parque empresarial de Bértoa ou o incremento de días de recollida do Punto Limpo Móbil, para facilitar a colaboración dos veciños e veciñas na correcta recollida e tratamento dos residuos coñecidos como voluminosos (mobles vellos, electrodomésticos, enseres domésticos, roupa, pneumáticos, radiografías ou cascallos procedentes de pequenas obras). Agora, a apertura do Punto Limpo é os xoves e sábados de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 19.00 horas, incorporándose o horario de tarde. No caso do Punto Limpo Móbil, amplíase substancialmente a recollida de voluminosos a domicilio, prestándose a partir de agora o servizo todos os mércores entre as 7.00 e as 13:40 horas, cando antes se limitaba aos primeiros martes de mes. Para facilitar o funcionamento do servizo, prégase a todos os usuarios/as que depositen os enseres os martes pola noite e chamen antes ao 981 75 49 17 ou o fagan no Twitter <@CarballoLimpo>. Así mesmo, respecto da recollida do cartón pregado a pé de porta, mantense os luns, mércores e venres diante dos comercios, só que principa ás 23.00 horas para non obstaculizar o tráfico.

Compartir: