Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello tramitou un total de 275 expedientes...

SEGUNDO A ORDENANZA MUNICIPAL E A LEI DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS

O Concello tramitou un total de 275 expedientes para a limpeza de soares urbanos e parcelas rústicas durante os anos 2012 e 2013

Luns 8 de xullo do 2013

No caso da Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais, o obxectivo é defender os montes ou terreos forestais fronte ao lume, así como protexer ás persoas e bens que puideran resultar afectados por eles. Para iso, os propietarios dos terreos deben cumprir unha distancia de seguridade entre as plantacións forestais e as vivendas, ademais de manter un perímetro de seguridade libre de maleza tamén arredor das vivendas. Naqueles casos en que os propietarios non asuman a limpeza dos soares, pode abrirse un expediente -ben de oficio por parte do Concello, ben a instancias dunha reclamación- no que se inclúe unha orde de execución dos traballos, na que se fixarán todas as obras a realizar, así coma o prazo máximo para efectualas. Transcorrido o prazo concedido para dar cumprimento á orde de execución, o Concello poderá ordenar a execución subsidiaria ou forzosa, mediante imposición de multas coercitivas e o pago dos traballos realizados. O Concello prega aos veciños e veciñas que cumpran voluntariamente con esta normativa, no caso dos soares urbanos para contribuír a evitar a proliferación de terreos baldeiros no núcleo que rompan coa continuidade construtiva; e no caso da Lei 3/2007, para colaborar na loita contra os lumes forestais.

Os interesados e interesadas poden consultar nesta mesma nova a Ordenanza municipal reguladora da limpeza, salubridade e hixiene no termo municipal de Carballo.

Compartir: