Inicio Carballo ao día Hemeroteca Mamá Cabra volve a Carballo para presentar...

VENRES 12 DE XULLO ÁS 22.00 HORAS

Mamá Cabra volve a Carballo para presentar na Praza do Concello o seu novo traballo "Bicos de Música"

Xoves 11 de xullo do 2013

A idea orixinal para crear Mamá Cabra partíu de facer cancións para as clases de Educación musical de Gloria Mosquera, e a primeira canción naceu na biblioteca do colexio no que estaba, despois de ler o poema do "Timoteo" de Gloria Sánchez que está no libro "Rimas con letra". Empezaron coa idea de facer un disco, "Cantos rodados", de dez temas que se basean en poemas de autores como: Antonio G. Teijeiro, Concha Blanco, Ana María Fernández e Gloria Sánchez. Pero acabaron subidos a un escenario e creando xogos para compartir un momento de ritmo, canto, audición e sobre todo movemento musical. Dende entón non paran de publicar novos traballos, ata oito, e xiran con distintas propostas por toda Galicia. Os espectáculos son sobre todo participativos e didácticos. Sempre hai unha canción para falar da importancia de comer de todo, de comer froitas e verduras, sempre hai algunha de bailar e sempre hai algunha de cantar. Os concertos adoitan durar sobre unha hora e van dirixidos a nenos e nenas entre 0 e 10 anos.

Compartir: