Inicio Carballo ao día Hemeroteca O IX Curso de Verán sobre...

DO MÉRCORES 17 AO VENRES 19 DE XULLO NO FÓRUM CARBALLO

O IX Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística da UDC procura unha maior implicación social na normalización

Martes 16 de xullo do 2013

Os obxectivos principais son reflexionar sobre o papel central da participación, a implicación e o traballo colaborativo nos procesos de cambio social e coñecer e procurar formas de busca e apoio da participación e implicación na dinamización lingüística. A inauguración do curso ten lugar o mércores 17 de xullo ás 10.30 horas e nela está prevista a presenza do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero Rodríguez; da subdirectora xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Concepción García Vaamonde; do presidente da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) e director do curso, Nel Vidal Barral; e do catedrático de Filoloxía Galega e director do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, Xosé Ramón Freixeiro Mato. Esta primeira xornada está centrada na "Participación nos procesos sociais. De abaixo arriba, de arriba abaixo". Da conferencia inaugural encárgase Alicia Tenze, arquitecta da Red Cimas, que falará sobre métodos e estratexias de implicación nunha conferencia co título: "De 'as portas están abertas' a 'este proxecto tamén é teu'. Sobre métodos e estratexias de implicación".

Os interesados e interesadas en descargar o programa do IX Curso de verán sobre dinamización lingüística "Traballando en lingua": participación, implicación e traballo colaborativo" poden facelo nun documento en pdf nesta mesma nova.

Compartir: