Inicio Carballo ao día Hemeroteca Entrega de diplomas dos cursos "Busca de...

BOLSA DE TRABALLO MUNICIPAL

Entrega de diplomas dos cursos "Busca de emprego e novas tecnoloxías" e "Redes Sociais Profesionais" da BDT

Martes 30 de xullo do 2013

Os obxectivos do curso "Busca de emprego e novas tecnoloxías" foron que os asistentes acadasen unha conta de correo electrónico axeitada para a busca de emprego; mantivesen unha folla de cálculo para rexistro dos curriculum vitae enviados; coñecesen as referencias formais e non formais que se atopan nas webs de emprego en relación á procura de emprego; traballasen nas fontes e recursos de emprego; localizasen consultoras de selección de persoal en Galicia; coñecesen os distintos procedementos de alta nos seus servizos; coñecesen e empregasen servizos coñecidos baixo o epígrafe "Curriculum 2.0"; e coñecesen o funcionamento dos portais de emprego habituais. No caso do curso "Redes Sociais Profesionais", os obxectivos centráronse na creación dunha identidade dixital e blogues profesionais; en coñecer redes sociais profesionais como Linkedin, Xing e Viadeo e crear un perfil profesional en cada unha delas; ademais de aprender a xestionar Twitter. Está previsto que a Bolsa de Traballo Municipal, que conta xa con 665 altas, continúe realizando accións formativas no futuro para seguir loitando contra o desemprego e mellorando as capacidades dos veciños e veciñas para atopar un posto de traballo.

Compartir: