Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Bolsa de Traballo Municipal xa conta con 655...

A BAIXA FORMACIÓN ACADÉMICA: PRINCIPAL EIVA DOS DEMANDANTES

A Bolsa de Traballo Municipal xa conta con 655 altas e ten ofertado 32 postos de traballo dende a súa posta en marcha

Venres 19 de xullo do 2013

O primeiro deles titulouse "Busca de emprego e novas tecnoloxías", participaron 20 persoas e centrouse na busca de emprego en Internet (na imaxe); o segundo segue en marcha con 34 persoas e titúlase "Redes Sociais Profesionais", centrándose en instrumentos para crear perfís profesionais como Linkedin, Viadeo ou Xing. Respecto das conclusións que os técnicos achegan sobre a evolución da Bolsa de Traballo durante o último trimestre, o cambio máis significativo que se rexistra é a incorporación masiva da muller, aumentando en 139 rexistros fronte a 127 homes. Aínda así, a representación do home é maior ca da muller pero reducíndose a diferenza. Outro dos datos que persiste é a baixa cualificación dos demandantes tanto académica como complementaria, incrementándose considerablemente o número de demandantes que non poden e/ou queren acreditar a súa titulación. Así, o 23,82 por cento das altas rexistradas neste período posúen o certificado de estudos primarios ou EXB, fronte o 22,44 por cento que carecen de formación académica regulada ou acreditada. Esta situación, na actualidade, dificulta a procura de emprego dadas as elevadas esixencias do mercado de traballo.

Empregos máis solicitados: sector comercio e servizos

O intervalo de idade de maior relevancia entre os membros da Bolsa é o comprendido entre os 26 e os 39 anos, o que demostra que estamos ante unha Bolsa de Traballo con poboación activa non envellecida. Respecto da procedencia dos membros da Bolsa, o 79 por cento dos demandantes pertencen ao Concello de Carballo, seguidos da Laracha e Coristanco (6 e 5 por cento respectivamente). Respecto dos empregos máis solicitados durante os primeiros oito meses da Bolsa, son os relacionados co sector do comercio, servizos á comunidade, transporte e loxística e finalmente a construción. Tense rexistrado un incremento nas ocupacións relacionadas co sector da hostalería como pinche de cociña, cociñeira/o ou camareiro/a. Os empregos máis demandados nas ofertas de emprego son os seguintes: dependente de comercio, condutor/a de camión, auxiliar de enfermería e xeriatría, auxiliar de axuda a domicilio, pedagogo/a, deseñador/a web, operador/a de brazo inglés, axudante de panadeiro, axente comercial, mestre/a de Educación Primaria, Empregado/a do Fogar, profesor/a de Ensino Secundario, cociñeiro/a e profesor/a de carretillas. Os interesados e interesadas en contactar coa Bolsa de Traballo, poden facelo no enderezo electrónico <bdt@carballo.org> ou a través do número de teléfono 981 709 011. Tamén poden acudir directamente ao servizo no Fórum Carballo, Praza dos Bombeiros Voluntarios s/n (barrio da Milagrosa).

Os interesados e interesadas poden o Balance de funcionamento da Bolsa de Traballo Municipal nesta mesma nova nun documento en pdf.

Compartir: